Adrián Pino Produtor audiovisual
As empresas de produción audiovisual, música e imaxe Control Z, Ouvirmos e Ideas Agudas realizaron en Compostela a segunda das probas de selección de tres rapazas e un rapaz menores de 25 anos que saiban cantar e bailar para formar un grupo, Azou, que percorrerá os escenarios cun espectáculo visual coa música de fusión, de estilos moi urbanos, de Marcos Payno.
-¿Cal é a novidade do proxecto?
-Se cadra, que os integrantes do grupo Azou van ter os seus alter ego nos personaxes dunha serie de animación que estamos preparando, á que se trasladarán a súa forza e a súa personalidade. Se hai algún produto audiovisual de adolescentes semellante, non ten esta vertente de animación.
-¿Cun guión futurista, non?
-Pero dun futuro próximo, cara ao 2022 ou así, nunha Galicia moi urbana, case unha cidade global, cunha realidade recoñecible remarcando aspectos culturais e sociais, e na que a maioría de idade estará nos 15 anos.
-¿Cal é o perfil que buscan?
-Estéticas urbanas modernas e diferenciadas, para personaxes que son unha probadora de videoxogos moi gótica; un voluntario de estética alternativa; unha Lolita que ve o mundo de cor rosa; e unha asiática que represente a nova xeración intercultural.
-¿A resposta é a agardada?
-Si, pero faremos outra proba aos preseleccionados. Onte (venres) na Coruña quedou un terzo. Aquí estamos niso,e mañá (hoxe) imos a Vigo.
Fuente: La Voz de Galicia